logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo

NOVAS


foto Paseo literario por BOUZAS
17/03/2017
REMATADA, xa están completas todas as prazas
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo literario por Bouzas

Bouzas olladas salgadas.
No espazo lemos o tempo.

O sábado, 1 de abril, terá lugar este paseo
Duración: 2 horas (levar calzado cómodo)
Hora de saída: 11:00
Punto de encontro: adro da igrexa de Bouzas

Para se inscribir deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, a partir do día 20 de marzo -ás 9:00- e ata o 31 de marzo -ás 9:00-. Poñer no asunto: paseo por Bouzas

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Premio literario Illa Nova de Narrativa 2017
28/02/2017
ABERTA
A Editorial Galaxia convoca a primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 31 de marzo de 2017.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto III Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora
26/02/2017
ABERTA
O Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia é unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT).

O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2017.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto II Concurso Balbino de relatos
26/02/2017
ABERTA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con Técnicas & Gramaxe nesta iniciativa que ten como obxectivo promover uso da lingua na literatura e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.

Prazo de presentación de orixinais: ata o 30 de xuño de 2017

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Reparto dos libros da Toponimia do Val de Fragoso.
25/02/2017
ABERTA
Dende hoxe calquera persoa que queira ter un exemplar pode recollelo, pola mañá, na oficina de Normalización Lingüística (Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1 - 1.º andar).

Os volumes publicados son:

1. Coia
2. Lavadores
3. Beade
4. Freixeiro e Sárdoma

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de confección de saias para o traxe tradicional
24/02/2017
REMATADA
O obradoiro ten como obxectivo a confección da saia paso a paso seguindo o xeito das prendas antigas.
Contaremos con material gráfico no que poderemos ollar diversas prendas de diferentes feituras e tecidos.

Non é preciso ter moitos coñecementos de costura para asistir ao obradoiro.

O cursiño será de 10 horas repartidas en 4 clases de 2 horas 30 minutos, os sábados pola tarde de 16.30 a 19.00, os días 4, 11, 18 e 25 de marzo.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto ATLÁNTICA. 5.º festival internacional de narración oral
24/02/2017
REMATADA
Contos e cantos nordestinos
Cláudia Fonseca


O vindeiro 17 de marzo, na biblioteca Neira Vilas (Avda. Emilio Martínez Garrido, 21), ás 19.30 h Cláudia Fonseca, contadora de Brasil, achegaranos historias do Nordeste brasileño.

A entrada é de balde, até se encher a capacidade.

Esta actuación está enmarcada no 5.º Festival Internacional de narración oral, Atlántica.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de baile tradicional: BAILES DO CONDADO
24/02/2017
REMATADA
Para calquera persoa interesada. Non se require ningunha formación previa.

Aprendizaxe de puntos e estrutura do baile da Zona do Condado.
Aprenderemos a bailar a xota e a muiñeira como fan nas parroquias de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra.

Día: Sábado, 11 de marzo de 2017

Lugar: CEIP Lope de Vega

Hora: de 10.00 a 14.00 (4 horas)

Prezo socio/a: 15,00 euros
Prezo non socio/a: 25,00 euros
Prazas limitadas, mínimo 8 alumnos/as

Interesados/as anotarse en:
629 58 53 55 / 986 25 35 85 - ofiadeiro@ofiadeiro.com

Data límite de inscrición: 10 de marzo

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de guitarra: A relación entre o instrumento e a persoa
24/02/2017
REMATADA
Día: 18 de marzo de 2017
Hora: de 10:00 a 14:00 (4 horas)
Lugar: Asociación O Fiadeiro (r/ Jesús Fernández N.º 3 - baixo)

Prezo socio/a: 20,00 euros
Prezo non socio/a: 30,00 euros

Imparte: Doris Estévez Cajide

Prazas limitadas

Inscricións no 629 58 53 55 / 986 25 35 85 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 17 de marzo

DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas de calquera idade que queiran coñecer todas as posibilidades que ofrece o instrumento e mais o propio corpo

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego
16/02/2017
REMATADA
Obradoiro destinado a persoas que desexen ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon a dispor da lingua galega.

Non se requiren coñecementos de informática, pero convén ter familiaridade na utilización de internet.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto 24 de febreiro: Día de Rosalía
15/02/2017
REMATADA
En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.

O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos"), e organiza diferentes actos na súa honra.

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo distintas actividades ao longo dos próximos días: lecturas de poemas, conferencias, paseo literario...

As actividades terán lugar os días 18, 20 e 23 de febreiro.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
imaxe río Curso de auga doce
06/01/2017
REMATADA
O obxectivo do curso é achegarse á lingua galega a través do curso dun río.
Non é un curso de galego se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.
A auga doce será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía ou a toponimia, baixo varios bloques temáticos:
Auga e relevo
Auga e vida
Auga e aproveitamento tradicional
Auga e fogar
Auga, saúde e lecer

Achegarémonos á realidade de Vigo na súa copiosa relación coa auga (neste caso auga doce): ríos e regueiros, hidronimia, muíños, bosques de ribeira, rituais relacionados coa auga...
O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto No Nadal... un conto
15/12/2016
REMATADA
Outro ano máis......chegan as actividades de No Nadal... un conto

Hai actividades:
-que necesitan inscrición previa (até 3 anos)
-que non necesitan inscrición previa (+ de 4 anos). Nestas, as prazas estarán dispoñibles até completar a capacidade do lugar da actividade
-que tamén se contan en lingua de signos

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
f Enquisa sobre o uso do galego en Vigo
14/12/2016
REMATADA
Enquisa sobre o uso do galego en Vigo.

Datos para a tese final de Filoloxía Hispánica na Universidade de Colonia de Nadine Ayensa Fernández.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Un trasno no barrio
23/11/2016
REMATADA
Un trasno no barrio
. Xincana lingüística polos comercios das Travesas.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
título "A historia dun home de mar contada por un tesouro vivo"
23/11/2016
REMATADA
O venres 16 de decembro, ás 20 horas, a Asociación Cultural da Vila de Bouzas, presenta ao 1.º Tesouro Humano Vivo do Casco Vello, Isidro, un home que adicou toda a súa vida ao mar e que nos transmitirá as súas vivencias, o seu saber...

O acto celébrase en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, que apoia a iniciativa de Tesouros Humanos Vivos que promove a Unesco como un modo de preservar ás tradicións, e terá lugar na nova sede da Asociación de Mariñeiros Tradicionais e Deportivos de Bouzas.

Haberá unha proxección dun documental, intervirá Isidro e o público poderá intervir no coloquio contando as súas experiencias no mar. E tamén a actuación do grupo de gaitas da Asociación Casco Vello de Vigo.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Mostra de TEATRO do alumnado de improvisación teatral do CIOV
23/11/2016
REMATADA
Martes, 27 de decembro, ás 20:30 h, no Café Catro a Catro (rúa Girona, 16)

Mostra de teatro co alumnado do "Obradoiro de improvisación teatral" do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV- que tivo lugar os días 18, 25 de outubro; 8, 15, 22, 29 de novembro; 13, 20 de decembro de 2016; no Instituto Municipal de Educación.



ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiros "Topo que?"
18/11/2016
REMATADA. Suspendeuse o obradoiro do día 2 de decembro
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza estes obradoiros en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario, a A.VV. Praza da Miñoca e o Centro Veciñal e Cultural de Valadares, para rapaces/zas entre 10 e 13 anos.


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiros "Ríos e bosques que falan"
17/11/2016
REMATADA. Suspendeuse o obradoiro do día 1 de decembro
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza estes obradoiros para rapaces/zas entre 5 e 10 anos, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario, a A.VV. Praza da Miñoca e o Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto CIBERSEGURIDADE
10/11/2016
REMATADA
Charla sobre Ciberseguridade, recital de poemas con música electrónica, e proxección de vídeos.

O martes 15 de novembro, ás 19:30 no Museo MARCO (rúa do Príncipe, 54).

Entrada libre ata completar aforamento.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Actividades polo Magosto
03/11/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza diversas actividades gratuítas polo Magosto.

Prazas dispoñibles para nenos/as até completar aforamento do lugar da actividade.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de escrita creativa para rapazada
02/11/2016
REMATADA
As concellarías de Normalización e Xuventude organizan este obradoiro para a rapazada entre 10 e 12 anos.
Obradoiro gratuíto.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Curso de auga salgada "Chegou o mar á ribeira"
01/11/2016
REMATADA
O curso Chegou o mar á ribeira é unha oferta para achegarlle á sociedade viguesa a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados co mar, as embarcacións tradicionais,os nomes de peixes, as lendas...
Non é un curso de galego, se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego, xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.
A auga salgada será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía, a talasonimia...
Un xeito de achegarmos a ese binomio que é Vigo-mar para sabermos e coñecermos un pouco máis da nosa estreita relación co mar e co mundo mariño de noso.
O curso remata cunha saída a un areal da cidade.
O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Samaín
24/10/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza estas actividades (obradoiro e contacontos) gratuítas polo Samaín.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV
20/10/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral e á narración oral
Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2016-2017, en horario de tarde
O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
Os cursos son gratuítos

As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de Slam
04/10/2016
REMATADA
As concellarías de Normalización Lingüística e Xuventude van levar a cabo un obradoiro de Slam, de 5 horas, impartido por Silvia Penas

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de improvisación teatral
22/09/2016
REMATADA. Completas todas as prazas
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.

O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá e un espazo ficcional.

Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara"
19/09/2016
REMATADA, cubertas todas as prazas
Impartido pola escritora Clara do Roxo
  1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
  2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
  3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
  4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
  5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto VI Edición do Concurso Internacional de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira"
19/09/2016
ABERTA
Remata o prazo o 23 de marzo de 2017

A Área de Cultura do Concello de Riveira e Edicións Xeral de Galicia convocan este concurso para potenciar, apoiar e difundir a literatura en lingua galega e conmemorar a concesión do título de cidade, outorgado pola S.M. o Rei Alfonso XIII o 23 de marzo de 1906
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Percorrido guiado pola toponimia da parroquia de Sárdoma
14/09/2016
REMATADA
O sábado, 17 de setembro, terá lugar un percorrido guiado pola parroquia de Sárdoma para coñecer a toponimia da zona.

Punto de saída: alameda de Sárdoma (ao carón da igrexa de san Pedro de Sárdoma)
Hora: 17:00


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
20.000 leguas nas ondas do mar de Vigo
06/09/2016
REMATADA, prazas completas
Paseo literario pola ría de Vigo, 17 de setembro

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto No verán... un conto
29/06/2016
REMATADA
Novamente o Centro de Interpretación da Oralidade vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais; de Vigo:
contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

Desde o 6 de xullo ao 2 de setembro.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
f Paseo literario e toponímico pola ría de Vigo e a illa de Ons
14/06/2016
REMATADA. Completas todas as prazas
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza (en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos) un paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Talasonimia, lendas e naufraxios na ría de Vigo; seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
Guiarán este percorrido Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

-Data: sábado, 2 de xullo de 2016


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Charla e recollida das herbas de san Xoán
13/06/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística (en colaboración coa A.V.C.D San Xurxo-Saiáns) organiza unha charla e recolleita as herbas de san Xoán.

Día: 23 de xuño

Lugar: local da A.V.C.D. San Xurxo-Saiáns (rúa Eira Vella, 4)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Actuacións fin de curso do CIOV
03/06/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística presenta as seguintes actuacións de fin de curso do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo.

Todas as persoas interesadas en ver estas actuacións, poden acudir xa que a entrada é libre e gratuíta. Actuacións para persoas adultas.

Fin de curso de improvisación teatral

Fin de curso de narración oral

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Paseo literario "A praia dos afogados"
03/06/2016
REMATADA. Completas todas as prazas
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un novo paseo literario e toponímico polos areais vigueses ata Panxón. O traxecto farase en autobús.

Sábado, 18 de xuño de 2016

Para reservar praza: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 a partir das 10:00 do día 13 de xuño

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Paseo polo Vigo da arte
30/05/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo polo Vigo da arte e da literatura da preguerra

Sábado, 4 de xuño, paseo guiado por Xurxo Martínez González

Saída: As persoas interesadas deben atoparse no punto de encontro, na fonte da praza que está enfronte da oliveira do paseo de Afonso XII, ás 11:30

Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Contacontos ilustrado para homenaxear a Manuel María
24/05/2016
REMATADA
No mes de maio, a Concellaría de Normalización Lingüística organiza este contacontos ilustrado para homenaxear a Manuel María (Letras Galegas, 2016)

Contacontos gratuíto
Duración: 60 minutos
A partir de 3 anos e público familiar

7 sábado ás 17:30 en
Navia, local da A.VV. NovoVigo (rúa As Teixugueiras, 11-portal 6, oficina 9 B)

10 martes ás 18:30 en
Oficina Municipal de Distrito de Coruxo (Avda. Ricardo Mella, 296)
(Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá)

12 xoves ás 18:30 en
Espazo de Dinamización Infantil de Coia (Pavillón deportes Coia, Avda. Castelao, s/n)

19 xoves ás 18:30 en
Espazo de Dinamización Infantil da Casa da Xuventude (rúa López Mora, 31)

25 mércores ás 18:00
Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avda. Emilio Martínez Garrido, 21)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Presentación do libro "Toponimia do Val do Fragoso. 4. Freixeiro e Sárdoma"
04/05/2016
REMATADA
Nesta presentación, Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo e natural dunha destas parroquias -Sárdoma- falaranos sobre a relevancia da toponimia e, en concreto, dos nomes de lugar destas dúas parroquias.

A presentación terá lugar:

Martes, 10 de maio
Ás 20:00
No IES Santa Irene (praza de América)


Invitamos a esta presentación a cantas persoas queiran achegarse.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto "Os Maios" celebración da chegada da primavera
03/05/2016
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera e que será levada a cabo pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, ao longo do mes de maio.

Para todos os públicos
Duración: 60-90 minutos

Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais. Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.
A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de técnica vocal
28/04/2016
REMATADA
Lugar de realización: Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
Duración: 4 horas
Data e horarios: Sábado 21 de maio (16:00-20:00)
Prezo: 37 € (socios 32 €)
Data límite de inscricións: 19 de maio

Inscricións e máis información: ambas vía email ou telefónica
(Vía email engadir nome e contacto telefónico)

ofiadeiro@ofiadeiro.com


629 58 53 55 / 986 25 35 85


O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández N.º 3 baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
629 58 53 55 - 986 25 35 85
www.ofiadeiro.com



ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto II Curso de análise musical. Análise de cancións tradicionais
19/04/2016
REMATADA
Lugar de realización do curso: Asociación Cultural e Folclórica "O Fiadeiro"
Duración: 8 horas
Data e horarios: Sábado 7 de maio (10-14h e 16-20h)
Prezo: 45€ (socios 40€)
Data límite de inscricións: 5 de maio

Inscricións e máis información: ambas vía email ou telefónica
(Vía email engadir nome e contacto telefónico)
629 58 53 55 - 986 25 35 85
ofiadeiro@ofiadeiro.com

Máis información no blog da escola

O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández, n.º 3 baixo
36205 Vigo (Pontevedra)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Teatro: "ROSALÍAS" Unha vida de luces e sombras
18/02/2016
REMATADA
O 24 de febreiro, ás 20:30, no Auditorio Municipal de Vigo (praza do Rei, 1)

Entrada libre ata completar as localidades

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto XVIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL
14/01/2016
REMATADA
Os días 16 e 17 de xaneiro, no Auditorio do CVC de Valadares (camiño do Pedregal, 6)

Ver horarios e actuacións no cartel

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Reparto de libros da Toponimia do Val do Fragoso: 2. Lavadores e 4. Freixeiro e Sárdoma
14/01/2016
ABERTA
Dende hoxe calquera persoa que queira ter un exemplar pode recoller, pola mañá, un na oficina de Normalización Lingüística (Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1-1.º andar).
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Enquisa sobre o uso do galego en Vigo
31/12/2015
ABERTA
Enquisa sobre o uso do galego en Vigo.

Para a tese final de Filoloxía Hispánica na Universidade de Colonia de Nadine Ayensa Fernández.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Etiquetas para agasallos de Nadal
23/12/2015
AGOTADAS
No Servizo de Normalización Lingüística estanse a repartir etiquetas para os agasallos de Nadal.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
No Nadal... un conto Actividades de Nadal "No Nadal... un conto"
01/12/2015
REMATADA
Xa temos preparada a programación das actividades de Nadal para este 2015.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Un trasno no barrio
01/12/2015
REMATADA
Un trasno no barrio. Xincana lingüística polos comercios do Calvario
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
lgx15 LGx15
19/11/2015
LGx15 é un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Contacontos: Pan e auga? Sopas!
13/11/2015
REMATADA
Contacontos para público familiar o sábado, día 14 de novembro, ás 12h da mañá.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Letra conCiencia!!!
11/11/2015
REMATADA
Baixo este nome imos presentar mañá, xoves 12 de novembro, un programa de actividades dirixido ao alumnado dos centros de ensino de Vigo. Programa organizado pola Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo, e no que colaboramos a Área de Dinamización Lingüística da UVigo e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Paseos polo Vigo literario
05/10/2015
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 “Paseos polo Vigo literario”

Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

1.-Sábado, 17 de outubro, roteiro guiado por Marta Dacosta. Saída desde Paseo de Afonso XII (no extremo de Pi i Margall) COMPLETO

2.-Sábado, 24 de outubro, roteiro guiado por Fran Alonso. Saída da rúa García Barbón ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII COMPLETO

3.-Sábado, 7 de novembro, roteiro guiado por Fran P. Lorenzo. Saída da rúa Privada Moderna COMPLETO

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán), a partir do día 10 de outubro (inclusive) dende ás 10:00
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
logo Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV
02/10/2015
REMATADA
A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, inicia un novo curso de achegamento á improvisación oral.
Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse neste primeiro trimestre do curso 2015-2016, entre os meses de outubro a decembro en horario de tarde.
O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME).


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Cursos de lingua de signos para nenos/as e persoas adultas
21/09/2015
REMATADA
PARA NENOS E NENAS
O vindeiro mes de outubro, en AZ lengua de signos, e nas instalacións da oficina municipal do centro cívico de Teis, comezamos un obradoiro de lingua de signos para nenos e nenas.
O horario é os venres de 17:30 a 18:30
Os nenos coñecerán a lingua de signos e potenciarán as suas habilidades comunicativas a través dos xogos, as cancións e os contos teatrais.

PARA PERSOAS ADULTAS
A continuación os informamos dos próximos CURSOS DE INICIACIÓN LINGUA DE SIGNOS, que se impartirán en AZ.lengua de signos, e que terán comezo o vindeiro mes de outubro na oficina municipal do Centro Cívico de Teis, en Vigo.
Estes cursos teñen como obxectivo achegar a lingua de signos a calquer persoa que queira aprender un segundo idioma para usalo cos seus amigos, coa familia, no eido artístico ou a nivel profesional, favorecendo a normalización, a visibilización e potenciando as habilidades comunicativas coas persoas xordas ou con persoas con outras capacidades.
Os horarios das clases son :
Martes e xoves de 10:00 a 12:00 ou sábados de 10:00 a 12:45
A matrícula é gratuíta e o prezo é de 32 € mensuais.

Para realizar a inscripción ou ter máis información chámanos ao 656 830 810 ou escribe ao e-mail hola@azlenguadesignos.es


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Roteiro polas Illas Cíes
21/08/2015
REMATADA
O sábado 5 de setembro temos programada unha ruta toponímica polas Illas Cíes
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
No verán... un conto
01/07/2015
REMATADA
Novamente o Centro de Interpretación da Oralidade vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais... e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Paseo guiado das herbas de San Xoán
18/06/2015
REMATADA
"...recollemos flores e follas, deixámolas ao relente. Amolecen e o seu bo arrecendo..."

Nos xuntamos
no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (camiño do Pedregal, 6)
o día 23 de xuño
ás 19:30, empezamos e
ás 21:00, rematamos

Non é necesaria ningunha inscrición.
Levade calzado cómodo e cesta ou bolsa para colleitar as herbas...


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons
04/06/2015
REMATADA. COMPLETAS TODAS AS PRAZAS
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

Itinerario
-Data: sábado, 20 de xuño de 2015
-8:30: reunirémonos a carón da estatua de Julio Verne (nas Avenidas, ao carón do Náutico) para dende alí achegarnos ao peirao para embarcar.
-9:00: saída do barco do peirao
-Travesía e visitas á illa, guiadas. Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría
-Cada viaxeiro poderá traer a súa comida ou concorrer aos restaurantes da illa
-18:30: saída rumbo a Vigo

Prezo: 10 euros (travesía e visitas, non inclúe comida)

Reservas de praza:
a) Dende o 8 de xuño, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)

b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente
2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org

d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 17 de xuño, será eliminada esa reserva


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Contadas do alumnado do CIOV
14/05/2015
REMATADA
O alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo CIOV fará unha contada infantil e outra para público adulto neste mes de maio

INFANTIL: mércores, 27 a partir das 18:00 na librería Andel (rúa Camelias, 102)
ADULTOS: venres, 29 a partir das 20:00 no café De Catro a Catro (rúa Girona, 16)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto POETRY SLAM VIGO. Edición especial das Letras Galegas
04/05/2015
REMATADA
O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo organiza este Poetry Slam Vigo que terá lugar o domingo, 17 de maio no Chareton Club Cultura (avda. Ramón Nieto, 58) Bases

Con anterioridade, o sábado 9 de maio terá lugar un Obradoiro de Slam de 11:00 a 14:00 (información)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Actuación do repentista Alexis Díaz
20/04/2015
REMATADA
Mércores 22 de abril
- CHARLA didáctica do repentista sobre a praxis da improvisación en verso
   Hora: de 18:00 a 20:00
   Lugar: IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, 2)

- ACTUACIÓN de Alexis Díaz e o seu fillo Axel Díaz xunto co regueifeiro Josinho  da Teixeira
   Hora: de 20:30 a 22:00
   Lugar: Cafe de Catro a Catro (rúa Girona, 16)

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Contada para público adulto
23/03/2015
REMATADA
O 20 de marzo celebouse o Día internacional da narración oral.
Dende a Concellería de Normalización Lingüística queremos celebrar esta data cunha contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para PÚBLICO ADULTO

Terá lugar en Detrás do Marco (rúa Londres, s/n) ás 20:00 o día 26 de marzo (xoves)
Entrada de balde

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Contada para público familiar
18/03/2015
REMATADA
O 20 de marzo celébrase o Día internacional da narración oral. Dende a Concellería de Normalización Lingüística queremos celebrar esta data cunha contada colectiva do alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para PÚBLICO FAMILIAR
Terá lugar en Detrás do Marco (rúa Londres, s/n) ás 18:30 h
Entrada de balde

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto VI festival de corais na AVCD Monte da Mina de Castrelos
12/03/2015
REMATADA
O sábado 14 de marzo terá lugar o VI concerto de corais na AVCD Monte da Mina de Castrelos
A partir das 19:00

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto A narradora Sofía Maul do Festival Atlántica de Narración Oral
05/03/2015
REMATADA
A narradora oral Sofia Maul, acode o 12 de marzo á cafetería De Catro a Catro ás 21:00, grazas á colaboración entre o Festival Atlántica, que se desenvolve nesas datas en Santiago, e o Centro de Interpretación da Oralidade dependente da Concellaría de Normalización do Concello de Vigo.
Sofía Maul, que agora vive en Lisboa, en virtude das orixes dos seus avós (inglés, sueco, alemán e californiano), medrou ouvindo historias de diversidade de fontes, pero as que máis lle gusta contar son as da súa Illa de orixe, Madeira.
Despois de terse formado como tradutora e ter traballado en diferentes campos da oralidade, comezou o seu oficio de narradora no ano 2006 coa Asociación “Os Contabandistas”.
Desde aquela conta historias polo seu país e outros lugares do mundo en bibliotecas, escolas, feiras do libro, bares , festivais, e cantos lugares llo propoñan.
Será un pracer recibir a Sofía para que nos conte e aos espectadores para que poidan gozar dun momento inesquecible.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Ciclo de actividades/charlas/relatorios no IES Castelao
04/03/2015
REMATADA
No IES Castelao (rúa Aragón, 20. Calvario) terán lugar varias charlas a cargo de Xurxo Martínez (filólogo, escritor e investigador da Universidade de Vigo) dirixidas ao alumnado de Bacharelato.
Ás 19:00
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
A casa do avó Representación de monicreques "A casa do avó" a partir de 6 anos
05/02/2015
REMATADA
Un neno reciba a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta e inexplicable situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.
O sábado 28 de febreiro
Para público familiar (+ 6 anos)
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Iniciación á improvisación teatral Obradoiro de iniciación á improvisación teatral "a partir de 6 anos"
27/11/2014
REMATADA
Impartido por Alba Bermúdez.
Actividade gratuíta.
Os rapaces viven co xogo. Inventan as súas propias situacións para entreterse. Xogan "as tendas", a "mamás e papás"... divírtense improvisando. Sen sabelo, están creando historias.
O obradoiro centrarase nesa parte do xogo e da improvisación.

Duración aproximada 60-70 minutos.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Obradoiro de esencias Mes das ciencias en galego
17/11/2014
REMATADA
No curso 2010-2011, o SNL xunto cos equipos de dinamización e a Uvigo artellou un programa de actividades tendentes a mostrar e demostrar que podemos falar, estudar e facer actividade científica en galego. Tratábase de dignificar a lingua de noso, de romper prexuízos e desbotar falsas ideas como que o galego é a lingua da cultura pero non da ciencia.

ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Actividades sobre a toponimia de Comesaña
07/11/2014
REMATADA
O SNL organiza un obradoiro (infantil) e unha ruta guiada (calquera persoa) sobre a toponimia de Comesaña.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Presentación do libro de toponimia de Beade
16/10/2014
REMATADA
O 23 de outubro a partir das 20.00  no Centro Cultural de Beade (Estrada Coutada, 42) presentación do libro sobre a toponima de Beade por Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
logo CIOV Cursos de Improvisación oral en verso e Narración oral
13/10/2014
REMATADA
NIVEL 1
Os cursos son gratuítos. Poden elixir unha actividade ou as dúas
Improvisación oral en verso: comezo 22 de outubro, remate en maio. Todos os mércores de 18:00 a 20:00
Narración oral: comezo 23 de outubro, remate en maio. Todos os xoves de 18:00 a 20:00
Clases no IME, Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, 2 (aula 17)
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Contada colectiva do alumnado do CIOV
28/05/2014
REMATADA
Remata o curso de narración oral do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo. Para celebrar a finalización do curso o alumnado realizará unha contada colectiva.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Serán regueifeiro
16/05/2014
REMATADA
O mércores 21 de maio na galería Javier Teniente, na rúa Abeleira Menéndez, 13.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Avelino González Avelino González - Cousas de Vigo
13/05/2014
REMATADA
Este venres, 16 de maio no Café De Catro a Catro ás 22:30
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Cándido Pazó
01/04/2014
REMATADA
Este venres día 4 de abril no bar Cabiria
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Exhibición de improvisación en verso "Regueifas" do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
24/03/2014
REMATADA
O domingo 30 de marzo, ás 12:30, terá lugar esta exhibición de improvisación en verso na praza do Berbés, zona 8, que está incluída dentro do programa da Festa da Reconquista
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Contadas Ana Carreira, Paula Carballeira e o alumnado do CIOV
14/03/2014
REMATADA
Contadas polo día Mundial da Narración Oral. O próximo xoves, día 20 de marzo.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Paula Carballeira
14/03/2014
REMATADA
O día 20 de marzo, ás 22:00, en Detrás do Marco (rúa de Londrés s/n)
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
cartel Serán regueifeiro
12/03/2014
REMATADA
Serán regueifeiro o sábado 15 de marzo
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Obradoiro de Teatro improvisado (actividade formativa do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo)
11/03/2014
REMATADA

Teatro da improvisación, aprender xogando
Profesora Uxía Blanco
Obradoiro gratuíto. Prazas limitadas
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Cartel Barry Manley "An Seanachai Roadshow" (contos de Irlanda)
11/03/2014
REMATADA
Este venres 14 de marzo poderemos escoitar, de balde, ao "seanachai" Barry Manley. Ás 22:30, no café de Catro a catro, na rúa Girona, 16.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Sesión de contos con Quico Cadaval
04/02/2014
REMATADA
O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo organiza este venres 7, a partir das 22.30 h, unha sesión de contos con Quico Cadaval. Será na cafetería, "La llave de oro" (Avda. das Camelias, 112)
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Dandylady con Desassossego, este venres na rúa da Oliva 14 ás 20.30
18/12/2013
REMATADA
Poesía escénica, un recital teatral-musical que nos ofrece Dandylady
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
RodariRodari, contada para público familiar
11/12/2013
REMATADA
Sábado 14 ás 12.00 h no Centro Cívico de Teis
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
"A saia da Carolina", contada no bar Cabiria
11/12/2013
REMATADA
Sábado 14, no bar Cabiria (Afonso XIII, 32), a partir das 20.30 h
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
"Contos que non falten" por Celso F. Sanmartín
10/12/2013
REMATADA
Venres, 13 ás 22.00 h. La Pecera, Pizarro, 35
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Vermú regueifeiro
22/11/2013
REMATADA
Este sábado a partir das 13.00 h na LLave de Oro
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Gústame o galego de primeira
22/11/2013
REMATADA
Mércores 27 de 16.30 ás 20.00 na praza de América
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
CintaAdhesiva
18/11/2013
REMATADA
Proxecto literario musical. Venres 22 a partir das 20.30. Rúa Oliva 14.
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Teatro lido
15/11/2013
REMATADA
A posta en valor do idioma galego a través do noso teatro
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Participa!!! Gústame o galego de primeira
05/11/2013
REMATADA
Este sábado a partir das 19.00 h participa no fotocol
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Gústame o galego de primeira
28/10/2013
Campaña de dinamización do uso galego
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Unha lección de cine
28/10/2013
REMATADA
A lingua das bolboretas
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Unha lección de cine
21/10/2013
REMATADA
Unha lección de cine no auditorio municipal... este mércores "O club da calceta"
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
Ríos que falan
15/10/2013
REMATADA
Conmemoramos o dereito a gozar da Ciencia e da Arte en galego
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
presentación do CIOV Presentación do centro de interpretación da oralidade de Vigo
25/09/2013
Presentación do CIOV
ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn