Inicio Mapa Web Contacto Engadir a Favoritos
Vostede está en: Inicio >> SNL Vigo >> Presentación

Presentación

En Vigo coexisten dúas linguas, a galega (lingua propia de Galicia) e a castelá (en clara situación de vantaxe fronte á galega). Estamos nunha situación de desequilibrio lingüístico que procuramos solventar. Este obxectivo é marcado por unha banda, pola lexislación lingüística actual e por outra, pola demanda social (máis do 84% da poboación viguesa considera que son necesarias accións para fomentar o uso do galego (Estudo sociolingüístico do concello de Vigo de 2002).

Dende o SNL trabállase para acadar a normalización do galego nunha das poboacións máis desgaliguizadas da nosa comunidade. Formación, campañas de dinamización e unha morea de actividades destinadas a manter viva a nosa lingua e conseguir que goce de boa saúde son parte do traballo que se realiza no SNL.

Concello de Vigo
Concello de Vigo
Praza do Rei nº1, 36202 Vigo,
Galicia, (España)
Teléfono 986 81 02 81, Fax 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org
  • Conforme W3CXHTML 1.0 | CSS 2.0 | WAI 'AA'
  • Accesibilidade