logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo

CURSOS DE GALEGO
18/08/2017

A Xunta de Galicia convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en Vigo

En: Novas + ampliarrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto No verán... un conto
23/06/2017
ABERTA
No verán... un conto!

Chega unha nova edición do programa "NO VERÁN... UN CONTO!" con actividades para público infantil, familiar e adulto.

Contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música, cantigas, contos en lingua de signos, regueifas... que se espallarán por diferentes zonas do noso concello: Bouzas, Casco Vello, Navia, A Miñoca, Coia, Teis, As Travesas, centro de Vigo, O Calvario, Castrelos...

As actividades comezan o 7 de xullo e rematan o 1 de setembro.

En: Novas + ampliarrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego
22/06/2017
ABERTA
Obradoiro destinado a persoas que desexen ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon a dispor da lingua galega.

Non se requiren coñecementos de informática, pero convén ter familiaridade na utilización de internet.

En: Novas + ampliarrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo -CIOV
21/06/2017
ABERTA
A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral e á narración oral
Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
Os cursos son gratuítos

As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

En: Novas + ampliarrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn
foto Obradoiro de improvisación teatral
20/06/2017
ABERTA
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.

O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.

Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.

O obradoiro terá lugar os días 10, 17, 24, 31 de outubro; 7, 14, 21, 28 de novembro de 2017, de 17:00 a 20:00, no IME-Instituto Municipal de Educación (camiño do Chouzo, 2-salón de actos)

Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono (poñer no asunto: obradoiro teatro)

En: Novas + ampliarrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn