logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

FORMACION DO SNLrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel básico"

O curso Achégate ao galego nivel básico está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.

O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.

Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrándonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan os usuarios do galego.


O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.


Datas: 19, 21, 26 e 28 de febreiro; 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de marzo; 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de abril de 2018

Horario: Os luns e os mércores, de 18:30 a 21:00

Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto {antiga reitoría})


Para inscribirse deben enviar ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, os seus datos (nome completo, teléfono). Poñer no asunto: curso galego nivel básico.


documentaciónProgramación didáctica do curso

documentaciónCartel do curso


<< voltar