logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

FORMACION DO SNLrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 0"

Curso de 40 horas, práctico e dinámico, no que se traballarán os contidos gramaticais, ortográficos, léxicos, etc.
O curso é de balde

Datas:
24, 25 de abril; 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30 de maio; 5, 6, 12, 13, 14 de xuño
Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carrera, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría)
Horario: de 18:30 a 21:00

Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org {poñer no asunto: curso galego nivel 0}

O curso Achégate ao galego está dirixido, preferentemente, a persoas de fóra de Galicia que non teñen coñecemento ningún do idioma e que procuran formación para se iniciar na lingua galega.

A finalidade primordial deste curso é a de ofrecerlle ao alumnado a oportunidade de se familiarizar coa lingua galega e achegarse ao noso contorno sociocultural, fornecéndolle as ferramentas necesarias para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan acadar unha competencia no uso do galego que satisfaga as súas necesidades de comunicación máis primarias, máis alá do ámbito académico.


documentaciónProgramación didáctica do curso

documentaciónCartel do curso


<< voltar