logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo

ACTIVIDADES FORMATIVAS



foto Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego nivel 2"
13/09/2017
ABERTA
O curso Achégate ao galego nivel 2 está concibido como unha continuación da formación adquirida nos cursos de achegamento dos niveis anteriores (0 e 1) e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que posuíndo uns coñecementos xerais do idioma e tendo algunha formación previa en lingua galega, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.

Proba de nivel: Co obxecto de conseguir unha maior homoxeneidade na formación do grupo e garantir o máximo rendemento e aproveitamento do curso, no primeiro día de clase farase unha proba de nivel para avaliar o grao de competencia e o nivel de dominio do idioma do alumnado.

Datas: 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2017

Horario: Os luns e os mércores, de 18.30 a 21.00 horas

Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría-)

Inscrición: Deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: curso galego nivel 2)


ampliar » recomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn